A Fanpa asinará un convenio a catro anos co Concello para a realización das ludotecas
Por Redacción
O Concello subvencionará cun convenio a catro anos as actividades de lecer, de verán e Nadal, da Federación de Asociacións de Nais e Pais (FANPA) de Pontevedra ademais de manter aberta una liña de axudas de carácter finalista para actividades puntuais das ANPA.
O portavoz municipal, Raimundo González, informou que a Xunta de Goberno local deu luz verde a sinatura do convenio plurianual coa FANPA. Terá unha duración de catro anos e inclúe posibles prórrogas anuais ata un máximo de 4 anos.
O importe de convenio para a realización de actividades lúdicas e de 55.000 euros ao ano: 45.000 euros para as ludotecas de verán e 10.000 euros para as actividades programadas durante o Nadal.
Por outra banda, no marco da liña de subvencións directas ás ANPA para activades concretas, a Xunta de Goberno local vén de aprobar a concesión dun total de 24,669,95 euros a vinte asociacións de nais e pais, as máis de colexios de Primaria aínda que tamén hai algunha de centros de Infantil ou Secundaria.