Os xornalistas cada vez son máis novos
Por Redacción
Entraron na redacción con paso firme e decidido. Nin sequera fixeron uso do ascensor. Ata o cuarto piso do número tres de Michelena chegaron subindo as escaleiras. Así de decididos son os xornalistas máis novos que tivo PontevedraViva.
As semanas anteriores foran de formación. Como reporteiros intrépidos traballaron facendo un xornal "só con boas novas". A súa experiencia tamén chegou á electrónica pois fabricaron as súas propios útiles de traballo, micrófonos incluídos.
Os nenos das ludotecas dos colexios de Campolongo e Álvarez Limeses tiñan interese por coñecer como é o traballo dun xornalista.
A radio de PontevedraViva foi o que máis lles chamou a atención. E da man de Marisa Ciordia participaron nun divertido faladoiro no que mesmo se animaron a cantar.