Dá positivo por alcol e drogas tras chocar contra catro coches no parking do centro comercial A Barca
Por Diego Espiño
A Policía Local de Poio investiga un home de 49 anos, veciño da localidade, por varios delitos contra a seguridade viaria tras provocar un accidente de circulación no aparcadoiro exterior do Centro Comercial A Barca.
O condutor do vehículo chocou con ata catro coches, impactando en último lugar con outro turismo no que se atopaba unha familia de catro membros, dous deles menores, que tivo que ser trasladada ao Hospital Domínguez por mor de varios traumatismos, segundo informa a propia Policía Local.
A incidencia tivo lugar ás 21:30 horas deste venres.
Tras acudir ao lugar e realizar as probas pertinentes, os axentes comprobaron que o condutor triplicaba a taxa de alcoholemia permitida, dando tamén posistivo no test de drogas.
Aínda por riba carecía de permiso de conducir en regra, polo que a Policía Local deu conta das dilixencias ao xulgado de garda.