Tenorio, preparado para ir de festa
Por Redacción
A parroquia cotobadesa de Tenorio celebrará a próximo fin de semana as súas festas na honra da Virxe do Rosario, San Roque e a Virxe do Carmen.
As festas arrancarán o venres 8 de setembro cunha salva de bombas previa á misa solemne tras a que se recuperará a procesión das nenas anxos, ás 13:00 horas. Na mesma seis pequenas vestidas de anxos compañarán o carro da Virxe do Rosario, mentres que o resto de nenos acudirán vestidos de branco.
Durante a primeira xornada de celebración haberá tamén unha sesión vermú coa Unión Musical de Tenorio ás 14:00 horas, tirada de lumes e verbena desde as 22:00 horas coas agrupacións Magos e Dilema.
O sábado pola súa banda repetirase o esquema festivo, coa animación na seisón vermú de Os Trazantes de Tenorio e pola noite as actuacións das orquestras Canela e D'Tacón.
Pola súa banda o domingo, ademais da celebración relixiosa e a animación musical ao mediodía, o prato forte será a actuación na verbena nocturna do Combo Dominicano, acompañado polo grupo Xacobeo.
Na presentación da programación festiva o presidente de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, mostrouse convencido de que as festas "serán un éxito de público polo tirón que ten Tenorio, que é a nosa parroquia máis poboada".