Poio e Marín acadaron bos datos turísticos no mes de xullo
Por Oskar Viéitez
Rematado o mes de xullo, dende a Concellerías de Turismo dos concellos de Poio e Marín amosaron a satisfacción polas datos turísticos acadados no mes de xullo.
No que respecta á ocupación hoteleira en Poio durante esta segunda quincena do mes de xullo, rexistrouse unha ocupación media do 84%, unha cifra que constata a mellora con respecto aos dous últimos anos.
En relación ós visitantes que se achegaron ata as oficinas de turismo municipais, foron rexistrados no que vai de tempada un total de 7.463 visitantes, sendo 2.951 os correspondentes á segunda quincena do mes de xullo. Un 86% foron turistas nacionais e un 14% de procedencia estranxeira, cifra que se incrementa con respecto ó mesmo período da pasada tempada estival.
En canto a procedencia dos visitantes nacionais destacaron os procedentes de Madrid (22,87%), Andalucía (17,25%), Castela León (10,55%), Cataluña (8,71%) e Castela a Mancha (7,98%).
No que respecta ós estranxeiros destacaron os procedentes de Irlanda, Francia, Países Baixos, Alemaña e Estados Unidos.
Os principais motivos para elixir o municipio de Poio foron a singularidade de Combarro en particular, así como a natureza, cultura e gastronomía en xeral.
MARÍN
No caso da oficina de turismo de Marín recibiron a case mil persoas na búsqueda de información, a mesma cifra de visitantes que leva acumulado o Centro de interpretación de petróglifos de Mogor.
Relacionadas:
-
Preto de dúas mil persoas visitaron os petróglifos de Mogor este verán
Por Oskar Viéitez |
-
A ocupación hoteleira de Sanxenxo sobe dez puntos en xullo en dous anos
Por Redacción |
-
Carmela Silva alerta de que as Rías Baixas poden morrer de éxito ante a masificación do turismo
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |