Semana de inestabilidade nas Rías Baixas
Por Redacción
Despois de xornadas de sol e calor, a inestabilidade instálase nas Rías Baixas no inicio dunha nova semana.
O prognóstico de Meteogalicia reflicte unha baixada das temperaturas máximas, que en todo caso manteranse por encima dos 20 graos, e imporante presenza de nebulosidade principalmente desde a xornada do martes.
"Espéranse precipitacóns o mércores pola mañá", asegura a predición. En todo caso a maior parte do tempo as nubes alternarán cos claros.
Será así ata o vindeiro venres 21 de xullo, cando se espera a recuperación da tendencia anticiclónica en Galicia, o que supoñería recuperar o bo tempo no inicio da ponte do Apóstolo.
"A probabilidade de choiva será moi baixa", e ademais "as temperaturas irán en progresivo ascenso neste período, acadando valores propios do verán", sinala Meteogalicia.