Agosto non traerá o verán: semana de nubes e claros
Por Redacción
O inicio este martes do mes de agosto non será sinónimo de tempo estival nas Rías Baixas. Tras os ceos encapotados da fin de semana, a semana empeza sen apenas probabilidades de choiva, pero con alternancia de ceos con nubes e claros con outros pouco nubrados ou despexados.
Segundo as previsións de Meteogalicia, as temperaturas nos primeiros días da semana en Pontevedra serán normais para este período, con mínimas que se manterán sen cambios e máximas que descenderán lixeiramente. Este luns espérase de 16 mínima e 24 de máxima, o martes a previsión será entre 13 e 25 e para o mércores espérase unha mínima similar, de 13, e unha máxima máis baixa, de 22 graos.
Xa a medio prazo, entre o xoves e o domingo Galicia seguirá nunha área intermedia entre as altas e as baixas presións, polo que a situación meteorolóxica continuará sendo bastante cambiante. Espérase un aumento das nubes e probabilidade de choiva para o xoves e tempo seco con intervalos de nubes no oeste entre venres e domingo.
As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas nas Rías Baixas que roldarán os 13 nos últimos días da semana e máximas de entre 25 e 26, con melloría de fronte ao fin de semana.
Relacionadas:
-
Verán descafeinado con ceos de nubes e claros e temperaturas moderadas
Por Redacción |
-
Agárdanse poalleiras ocasionais nas Rías Baixas durante os vindeiros días
Por Redacción |
-
Temperaturas de 27 graos durante a ponte nas Rías Baixas
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
Semana de inestabilidade nas Rías Baixas
Por Redacción |