Os veciños de Sanxenxo xa poden solicitar material ortoprotésico ao concello
Por Redacción
Desde o pasado día 20 entrou en vigor o regulamento do servizo municipal de préstamo de axudas técnicas.
Este servizo consiste en ofrecer un conxunto de axudas técnicas a persoas no seu domicilio particular, como poden ser camas articuladas e guindastres de mobilización.
Esta acción leva a cabo para facilitar o seu desenvolvemento e o seu día a día na súa contorna habitual e para que poida permanecer na mesma coa maior comodidade posible.
Este préstamo realízase por un período máximo de tres meses co obxectivo de poder resolver situacións urxentes que xorden de imprevisto.
As persoas que necesiten deste servizo poderán solicitalo no momento exacto que xurda dita necesidade, pois o prazo de solicitude está aberto durante todo o ano.