Servizos Sociais crea un banco de material ortoprotésico con guindastres e camas articuladas
Por Redacción
A Concellería de Servizos Sociais de Sanxenxo, que dirixe Sandra Fernández Agraso, creou un banco de material ortoprotésico cuxo préstamo poderá ser solicitado por aquelas familias con membros dependentes e cuxos ingresos dificulten a adquisición deste tipo de artigos.
Actualmente atópase elaborando o regulamento que establecerá as condicións fixadas para que as familias coñezan os baremos que deben cumprir para poder acceder a este material, que se concederá en réxime de préstamo, tendo que ser devolto ao Concello unha vez que conclúa a necesidade de uso.
Este banco, creado este ano, conta inicialmente con cinco guindastres e dúas camas articuladas pero a intención de Sandra Fernández Agraso é adquirir o próximo ano máis material para dotar á concellería dos medios necesarios para atender as necesidades das familias de Sanxenxo en materia de dependencia.
A Concellería de Servizos Sociais adquiriu ademais diverso material ortoprotésico co obxectivo de facilitar a calidade de vida das persoas que son atendidas dentro do programa municipal de Axuda no Fogar. E é que os usuarios deste servizo non sempre dispoñen nos seus fogares de todos os recursos e técnicas necesarias para que poidan ser atendidos con comodidade para eles.
Así, a Concellería de Servizos Sociais dotou ao persoal de Axuda no Fogar de 10 sabas superdeslizantes, 5 lavacabezas inchables ou 30 discos ergonómicos xiratorios que facilitan os desprazamentos dos usuarios sen que estes teñan que facer un excesivo esforzo de mobilidade. As auxiliares deste servizo dispoñerán tamén de 10 asas para a ducha, tamén ortopédicas e cunhas ventosas especiais dotadas dun sistema de seguridade deseñado para evitar accidentes, que facilitarán o aseo persoal e diario dos usuarios deste programa.
"Trátase de dotar ao personal que presta servicio en Axuda no Fogar do material necesario para que o usuario estea o máis cómodo posible, tanto no que se refiere a súa hixiene persoal como ao momento de erguelo da cama o de desplazalo. En definitiva o que buscamos é mellorar a atención ao usuario". Sandra Fernández Agraso explica que se trata dun material que será utilizado polas auxiliares de Axuda no Fogar en todos aqueles domicilios onde sexa necesaria a súa utilización.
Cabe lembrar que un total de 48 persoas de Sanxenxo son beneficiarias do servizo de Axuda no Fogar, das 41 son dependentes e son atendidas por un persoal de 22 persoas encárganse de prestar axuda de diferente índole nos fogares. O número de horas das que poden dispoñer dependen do grao de dependencia que a Xunta lles asignou.
Trátase dun servizo que se foi incrementando tanto en número de usuarios como en horas de atención, a pesar do cal existe aínda unha importante lista de espera, mentres que un número indeterminado está aínda pendente de ser valorado por parte dos técnicos da Xunta.