A Escola Naval, protagonista do pregón das Festas do Carme de Marín
Por Redacción
As Festas do Carme 2017 de Marín están xa ao virar a esquina e empezan a darse a coñecer máis detalles da programación. O dato principal, que a Escola Naval Militar terá especial protagonismo a través do pregón da festividade.
O Concello de Marín destaca que as Festas do Carme están intimamente ligadas á Academia da Armada, que leva situada en Marín preto 74 anos e que este ano 2017 conmemora o 300 aniversario da creación da Real Compañía de Guardamarinas. Á vista desta circunstancia, o comandante director da Escola Naval Militar, José María Núñez Torrente, será o encargado do pregón.
O acto de lectura incluirá un recordo para persoas de Marín que representen a vinculación da localidade coa súa Escola Naval. Ademais, desde o Concello destacan que a apertura da institución nas relacións institucionais, culturals, deportivas, académicas e a súa participación na vida social, lúdica, festiva de Marín constitúen unha plena integración que mellora co paso dos anos, realizando cada vez máis actividades conxuntas e onde moitos veciños poden participar.
Elixir á Escola Naval tamén ten como obxectivo resaltar a súa implicación con Marín desde o punto de vista do emprego e da xeración de riqueza. Ademais, lembran que a Virxe do Carmen é a patroa da Armada.
Relacionadas:
-
O Concello de Marín recibe un premio por difundir a imaxe da Armada
Por Redacción |
-
Hombres G repasa en Marín os seus grandes éxitos ante un público entregado
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Un pregón cun marcado acento naval inaugura oficialmente as Festas do Carme
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Revisan a seguridade das atraccións de feira das Festas do Carme
Por Redacción |