Os locais Fidel, Xerfa e Ollares da Ría, gañadores do concurso Degusta Tapas
Por Redacción
A Concellería de Turismo e Turismo de Sanxenxo celebraron este martes o acto de clausura da VIII edición Sanxenxo Degusta Tapas 2017.
O xurado profesional estaba formado por Benigno Campos, do programa Larpeiros da Televisión de Galicia, coñecido cociñeiro e autor de numerosas publicacións; Manicha Bermúdez, do restaurante A Taberna de Rotilio e gañadora do Premio Picadillo 2017 do Fórum Gastronómico da Coruña, entre outros galardóns e Alberto Ribas, blogger gastronómico e de viaxes, autor entre outros do blogue maisgrelos.blogspot.com.
Para este xurado, os finalistas e gañadores en cada unha das categorías foron:
TAPAS TRADICIONAIS (Con 4 finalistas por un empate):
- O Muiño de Occilis con "Papillote de marisco".
- Restaurante Fidel con "Chow mein con arándanos, almendras y piñones".
- Restaurante Ollares da Ría con "Chipirones de la abuela".
- Restaurante Xerfa con "Xantar do mariñeiro".
Nesta categoría o gañador foi Restaurante Fidel con "Chow mein con arándanos, améndoas e piñóns".
TAPAS CREATIVAS:
- O Muiño de Occilis con "Mini hamburguesas de ciervo al estilo Occilis".
- Restaurante Ollares da Ría con "Micuit de rape con manzana y cebolla".
- Restaurante Xerfa con "O mar nun ourizo".
Nesta categoría o gañador foi Restaurante Xerfa con "O mar nun ourizo".
TAPAS DOCES:
- Restaurante Fidel con "Mousse de mango".
- Restaurante Ollares da Ría con "Croquetas de licor gallego".
- Restaurante Xerfa con "Crema de coco con mango, frutos rojos, crujiente de galleta y sorbete de limón".
Nesta categoría o gañador foi Restaurante Ollares da Ría con "Croquetas de licor galego".
Para o xurado popular, o gañador desta edición foi, nas tres categorías (Tapas tradicionais, creativas e doces), o Restaurante Xerfa con "Xantar do mariñeiro", "O mar nun ourizo" e "Crema de coco con mango, frutos rojos, crujiente de galleta y sorbete de limón".
Relacionadas:
-
Sanxenxo celebrará un novo "Degusta Tapas" a partir do 17 de maio
Por Redacción |
-
Sanxenxo estrea nova cita gastronómica: Petiscos de outono
Por Redacción |
-
Sanxenxo clausura o Degusta Tapas 2017
Por Redacción |
-
O concurso Sanxenxo Degusta arranca este venres con 64 tapas participantes
Por Redacción |