O Goberno cobre o 100% do persoal do posto da Garda Civil en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz, anunciou que o Plan de Turismo Seguro permitiu cubrir o 100% do persoal do posto da Garda Civil en Sanxenxo ao incorporar a catro axentes.
Ana Ortiz anunciou este reforzo durante a xunta local de seguridade celebrada este martes en Sanxenxo na que estiveron representantes municipais, da Garda Civil, Policía Autonómica e Policía Local.
Sanxenxo é un punto de "atención prioritaria" dentro do plan Turismo Seguro.
A subdelegada Ortiz tamén sinalou un "pequeno repunte" nas infraccións penais en Sanxenxo.
Pola súa banda, o alcalde Telmo Martín sinalou a necesidade de establecer unha "boa coordinación" e lembrou que "nos últimos anos fomos noticia do ocorrido na zona portuaria e iso ten que acabarse", neste sentido anunciou que o Concello non contratará seguridade privada para Nauta este verán. "Creo que é unha labor que ten que facer un profesional como a Policía Local. Non teño nada en contra da seguridad privada, pero creo que é máis efectiva a policía", dixo.
O alcalde xa abordou un reaxuste de horarios e de quendas de traballo dos Policías Locais os fins de semana.
Outro dos temas abordados na xunta local de seguridade foi o tráfico. "Destinaranse máis efectivos da Garda Civil ás estradas comarcais e así poderemos dedicar máis policías locais á movida nocturna", avanzou Telmo Martín.