A Garda Civil inicia a súa campaña estival
Por Redacción
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz, recibiu este luns aos axentes da Garda Civil que se incorporan á Comandancia de Pontevedra dentro do Plan Turismo Seguro.
Son 33 efectivos que se repartirán entre os distintos cuarteis e postos da Garda Civil da nosa provincia. A subdelegada do Goberno estivo acompañada polo tenente coronel, Manuel Touceda, e o comandante xefe de Persoal e Apoio, Óscar Graña.
As zonas costeiras e o Camiño de Santiago centrarán o traballo en Pontevedra das forzas e corpos de seguridade do Estado.
O Plan Turismo Seguro, que ten como obxectivo informar os visitantes das medidas que deben ter en conta para evitar ser vítimas de delitos e extremar a prevención nos lugares de maior afluencia turística.