O alcalde de Vilanova declara ante a xuíza que descoñece ter contratado ilegalmente
Por Redacción
O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, declarou este xoves ante o titular do Xulgado de Instrución número 3 de Vilagarcía para responder ás acusacións por prevaricación que formulan contra el tanto a Fiscalía da Audiencia Provincial de Pontevedra como o Grupo Municipal do PSOE no municipio arousano. A preguntas da xuíza asegurou que "desconocía que estuviese haciendo algo ilegal" cando realizou 61 contratacións que están en interdito nesta investigación.
A declaración realizouse a porta pechada e o rexedor descartou facer valoracións sobre o acontecido no interior do xulgado, pero a avogada dos socialistas, Marta Giráldez, indicou que Gonzalo Durán se negou a responder ás súas preguntas e só o fixo ás formuladas pola xuíza entorno á querela aberta pola Fiscalía.
Segundo indicou a letrada, "en esencia lo que dijo fue que desconocía que estuviese llevando a cabo una actividad ilegal, que no sabía que estuviese incumpliendo la legislación, sino no lo hubiese hecho".
Engadiu que "tanto el secretario como la interventora municipales le decían que lo que hacía era legal". Non obstante, esta afirmación choca, segundo Marta Giráldez, co declarado por ambos os dous funcionarios municipais cando declararon como testemuñas ante o xulgado hai un mes, xa que "dijeron que le habían avisado de que estaba incumpliendo la ley".
Tamén contrasta coa documentación achegada polos socialistas na súa demanda contra Gonzalo Durán, entre a que se recolle"que el secretario emitió informes diciendo que no se estaban cumpliendo los principios de igualdad y en algunos expedientes incluso se pide el informe del secretario después de hacer la contratación".
O PSdeG-PSOE presentou un escrito ante o Xulgado de Vilagarcía solicitando novos medios de proba que aínda non tivo resposta. Segundo a letrada dos socialistas, "ahora pueden pasar tres cosas, que se llevan a cabo más diligencias, que el fiscal ya emita un informe pidiendo que se proceda a la apertura del juicio oral o que vea que no hay indicios y se archive el caso".
Relacionadas:
-
O PSOE recrimina á Xunta que non investigara os contratos polos que Fiscalía imputou o alcalde de Vilanova
Por Redacción |
-
Gonzalo Durán, tras seren acusado de prevaricación: "Estoy tranquilo y contento. Ahora podré defenderme
Por Redacción |
-
Fiscalía querélase contra o alcalde de Vilanova por prevaricación
Por Redacción |