Fiscalía querélase contra o alcalde de Vilanova por prevaricación
Por Redacción
A Fiscalía da Audiencia Provincial de Pontevedra presentou unha querela contra o alcalde de Vilanova de Arousa, o 'popular' Gonzalo Durán, por prevaricación.
Os detalles da querela non saíron á luz, pero si a súa vinculación coa documentación que presentou o pasado verán o PSdeG-PSOE sobre a contratación supostamente irregular de 61 persoas dende o ano 2009.
O secretario xeral do PSdeG en Vilanova de Arousa, Jorge María, sinalou que se decatou "esta misma mañana", pero"todavía no nos lo notificaron". Non coñecen máis detalles "sobre los motivos finales de la querella", pero "sí que es por contrataciones irregulares".
Jorge María anunciou que esperan coñecer os detalles da querela en breve porque "tenemos intención de persentarnos como acusación particular", xa que sinalan que é un exemplo máis dos desmandos dun alcalde que "incumple la ley un día sí y otro también".
Ademais, aproveitarán o Pleno da Corporación convocado para este luns ás 20.30 horas para "pedir el cese alcalde". Esta petición de dimisión baséase nesta querela recén coñecida e tamén en dúas sentenzas dos últimos meses nas que foi "condenado por vulneración de derechos fundamentales".
"Cree que puede gobernar o estar por encima de la ley", cuestiona Jorge María, quen engade que estas dúas sentenzas se refiren á súa "negativa a facilitar información a la oposición" (ditada en maio) ou "por no convocar el Pleno con antelación".
A última sentenza coñeceuse "hace un mes y pico" e refírese a actuacións como, por exemplo, "convocar un Pleno un jueves por la tarde para el viernes por la mañana".
Relacionadas:
-
O PSOE recrimina á Xunta que non investigara os contratos polos que Fiscalía imputou o alcalde de Vilanova
Por Redacción |
-
O alcalde de Vilanova declara ante a xuíza que descoñece ter contratado ilegalmente
Por Redacción |
-
Gonzalo Durán, tras seren acusado de prevaricación: "Estoy tranquilo y contento. Ahora podré defenderme
Por Redacción |