A chuvia irrompe nas Rías Baixas entre a sensación de bochorno
Por Redacción
Pontevedra amenceu este martes e 13 coa presenza de choivas e inestabilidade meteorolóxica. Galicia atópase durante esta xornada nunha zona intermedia, con aire cálido en superficie e frío en capas medias e altas da atmosfera, provocando inestabilidade e chuvias.
Con esta situación espérase que ao longo do día os ceos permanezan parcialmente cubertos con chuvascos localmente fortes, de carácter tormentoso, acompañados por aparello eléctrico, segundo as previsións do servizo de Meteogalicia. As temperaturas mínimas ascenderán moderadamente ao longo da xornada, mentres que as máximas manteranse ao redor dos 30 graos.
Os ventos seguirán soprando do nordés moderados no litroal e frouxos de dirección variable no interior. Para as próximas xornadas agárdanse xornadas con ceos despexados nas Rías Baixas e temperaturas que seguirán manténdose sobre os 30 graos, con sensación de bochorno.