A Deputación comezará este luns día 12 o pintado das estradas provinciais na comarca do Salnés
Por Oskar Viéitez
O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, anunciou este mércores que a Deputación comezará o vindeiro luns día 12 o pintado das estradas provinciais da comarca do Salnés.
En concreto, os traballos iniciaranse polas dúas estradas de A Illa de Arousa que están incluídas no plan: a EP-9802 de As Aceñas e a EP-9803 entre o embarcadoiro e o centro da vila.
No mes de xullo pintaranse as estradas da comarca de Caldas e no mes de agosto as vías da comarca de Pontevedra, que foron adxudicadas no mesmo lote que as do Salnés á empresa Elsamex SA por 435.468 euros.
Na comarca do Salnés o plan de mellora da sinalización horizontal suporá o pintado de 193,6 quilómetros de sinalización horizontal en 22 vías. O Concello de Cambados verá pintadas catro estradas provinciais (21,8 quilómetros), o de o Grove unha (5,8 quilómetros), o de Sanxenxo cinco (50,8 quilómetros), dous o de Meaño (26,8 quilómetros), catro o de Meis (63,7 quilómetros), tres o de Ribadumia (12 quilómetros), unha o de Vilagarcía (4,9 quilómetros) e dúas a Illa de Arousa (7,8 quilómetros).
Relacionadas:
-
A Deputación inicia o plan de "lombos" en Marín
Por Redacción |
-
O PP reclama melloras para as estradas provinciais de Barro, Campo Lameiro, Ponte Caldelas e A Lama
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación investirá este ano 22 millóns de euros en 27 estradas provinciais
Por Oskar Viéitez |
-
653.000 euros para poñer lombos e pintar as estradas provinciais no Salnés
Por Redacción |
-
A Deputación gastará 1,7 millóns de euros no pintado das vías provinciais
Por Oskar Viéitez |