O PP reclama melloras para as estradas provinciais de Barro, Campo Lameiro, Ponte Caldelas e A Lama
Por Oskar Viéitez
Deputados provinciais do Partido Popular visitaron os concellos de Barro, Campo Lameiro, Ponte Caldelas e A Lama, onde reclamaron melloras para as súas estradas provinciais.
Xunto cos alcaldes e voceiros populares destes concellos, sinalaron que varias vías da comarca precisan de actuacións urxentes, nalgúns casos de limpeza, mantemento e sinalización, e noutros, para repoñer muros derrubados, ensanchar o trazado da estrada ou mellorar o pavimento.
Por iso, a voceira Nidia Arévalo apuntou que o grupo provincial defenderá no próximo pleno da Deputación unha moción para pedir ao goberno provincial compromisos claros con estas actuacións.
Sobre o proxecto de estradas provinciais que acaba de presentar o goberno provincial, Ángel Moldes di que "é unha clara resposta ás múltiples denuncias que o PP leva facendo nos últimos dous anos".
Relacionadas:
-
A Deputación mellorará o estado da estrada Peso-Caroi, na Lama
Por Redacción |
-
A Deputación investirá este ano 22 millóns de euros en 27 estradas provinciais
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación comezará este luns día 12 o pintado das estradas provinciais na comarca do Salnés
Por Oskar Viéitez |
-
O alcalde da Lama está satisfeito coa colocación de lombos nas estradas provinciais
Por Oskar Viéitez |