Xornada de portas abertas na Escola Naval e parada militar do Batallón de alumnos
Por Redacción
Con motivo da conmemoración do Día das Forzas Armadas e o 300 Aniversario da Real Compañía de Guardiamarinas, a Escola Naval Militar ten previsto celebrar varios eventos.
Para este fin de semana programaron unha xura de bandeira, unha parada militar do Batallón de Alumnos en Marín, un concerto da Banda de Música e unha xornada de portas abertas.
- O venres 26 ás 12.30 horas. Xura de Bandeira de Reservistas e persoal civil.
- O sábado 27 ás 12.30 horas. Parada Militar en Marín con acto de homenaxe aos caídos por España e desfile do Batallón de Alumnos da Escola Naval Militar. Ao finalizar, sobre as 13.30 horas, Concerto Banda de Música da Escola, na Praza de Rosalía de Castro, na Alameda de Marín.
- O domingo 28, de 10.00 a 13.00 horas. Xornada de portas abertas polo interior da Escola Naval, incluíndo diversas actividades lúdico deportivas para os visitantes máis novos e visitas guiadas ao Simulador de Navegación, Planetario, Biblioteca Central, Pañol Histórico e helicóptero da 6ª Escuadrilla FLOAN no heliporto.