Felipe VI, Cospedal e, probablemente, Juan Carlos I visitarán a Escola Naval o 2 de xuño
Por Redacción
O Rei de España, Felipe VI, acudirá o próximo 2 de xuño á Escola Naval Militar de Marín xunto á ministra de Defensa, María Dolores de Cospedal, con motivo do acto central das celebracións do terceiro centenario da creación da Real Compañía de Guardiamarinas.
O comandante director da Escola Naval Militar, José María Núñez Torrente, tambien avanzou en rolda de prensa que é probable que tamén asista o rei emérito, Juan Carlos I.
Nesta celebración realizarase unha parada naval na ría coa participación de moitas unidades da frota, entre as que se atoparán o Buque Escola Juan Sebastián Elcano e o Juan Carlos I.
Dentro dos actos de celebración desta efeméride a ONCE celebrará o 1 de maio un sorteo cun boleto conmemorativo.
Relacionadas:
-
Felipe VI e Don Juan Carlos celebran a parada naval na ría de Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O novo barco do rei Juan Carlos botouse en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Xornada de portas abertas na Escola Naval e parada militar do Batallón de alumnos
Por Redacción |
-
A Ría de Pontevedra, escenario da regata '300 aniversario da Real Compañía de Guardiamarinas'
Por Redacción |
-
Falece Carme Chacón, a primeira ministra de Defensa que visitou Pontevedra
Por Redacción |
-
A Escola Naval Militar acolle o sorteo da Lotería Nacional
Por Oskar Viéitez |
-
A Escola Naval presenta a axenda de actos do seu 300 aniversario
Por Redacción |