Que traballo fai un policía autonómico?
Por Redacción
Os nenos da escola infantil da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra puideron coñecer este mércores o labor dos axentes da Policía Autonómica grazas á actividade que o centro puxo en marcha e que ten como obxectivo que os máis cativos poidan coñecer diferentes profesións.
Deste xeito, durante estes días as familias están a participar contando aos nenos a súa labor diaria en profesións coma profesor de ximnasia, médico, policía, avogado ou funcionario. É a coñecida como "Quincena das profesións".
Na mañá deste mércores, os 15 nenos de 3º de Infantil desta escola puideron coñecer a labor da Policía Autonómica. Subíronse as motos e aos vehículos oficiais, usaron as sinais sonoras e de tráfico e puideron levarse a casa un carné de policía co seu nome.
A pasada semana, os cativos tamén puideron coñecer o traballo que realizan os Bombeiros de Pontevedra.