As primeiras cartas a Papá Noel, rumbo ao Polo Norte
Por Redacción
Como cada Nadal, os nenos de Pontevedra comezaron coa tradición de enviar as súas cartas a Papá Noel, nas que inclúen as súas peticións de agasallos para a Noiteboa.
Así o fixeron os nenos e nenas do último curso da escola infantil da delegación territorial da Xunta en Pontevedra, que visitaron este martes as instalacións de Correos situadas no edificio administrativo.
Os nenos de 2 e 3 anos levaron as cartas coas súas peticións de Nadal e entregáronas en man a un axudante de Papá Noel que as introduciu nunha caixa moi especial.
Deste xeito, os alumnos deste centro volven a realizar unha saída para coñecer, neste caso, o lugar onde se selan e envían as cartas, o servizo de correos.