En Marea reclama as gravacións das transmisións do rescate do Nuevo Marcos
Por Redacción
O grupo parlamentario de En Marea, por medio da súa vicevoceira Carmen Santos, e do seu deputado Juan Merlo, presentou unha pregunta ao goberno reclamando que se entreguen as gravacións das transmisións de emerxencia no naufraxio do Nuevo Marcos, que tivo lugar o pasado 26 de abril na ría de Pontevedra e que deixou tres mariñeiros falecidos.
En Marea escoitou as denuncias da asemblea de traballadores do 112 que, xunto con catro asociacións profesionais do ámbito das emerxencias, a Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias Sanitarias (ASGATE), a Asociación de Técnicos de Emerxencias Sanitarias e Xestores de Emerxencias de Galicia (TES Galicia), a Mesa Intersindical de Bombeiros e a Plataforma de Bombeiros Públicos de Galicia, advertiron que o operativo de rescate para actuar no naufraxio do Nuevo Marcos viuse afectado polo "colapso" do servizo de atención de emerxencias.
Segundo denuncian estes colectivos, os medios de rescate acuáticos que estaban máis preto do lugar eran os dos Bombeiros de Pontevedra que non foron alertados para axudar a Salvamento Marítimo. Afirman que o propio 112 "non tiña coñecemento de que estes bombeiros contaban cos recursos para poder actuar neste tipo de accidentes marítimos".
Ademáis, trasladarán as denuncias sobre o tempo que tardou o helicóptero Pesca II en saír ao rescate posto que a plataforma tecnolóxica do 112 bloqueou a chamada de alerta, "un bloqueo que ten responsables directos e identificables".
Relacionadas:
-
Denuncian que o "colapso" do 112 afectou á xestión do naufraxio do Nuevo Marcos
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O "Nuevo Marcos" xa foi reflotado a Combarro
Por Oskar Viéitez |
-
VIDEO.- Naufraxio á porta da casa
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Tres mariñeiros falecidos no naufraxio dun barco entre Tambo e Combarro
Por Natalia Puga & Oskar Viéitez & Mónica Patxot | Creada e actualizada