Un banco senta no río dos Gafos
Por Redacción
O río dos Gafos ten un novo inquilino. A asociación ecoloxista Vaipolorío alerta dun novo "acto incívico" que acabou cun banco de madeira na canle fluvial á altura da zona de Ponte Boleira.
Os membros de Vaipolorío tiveron coñecemento do ocorrido ás 11.42 horas deste xoves. Un veciño de Pontevedra púxose en contacto con eles para informarlles do ocorrido.
O banco fora arrincado e tirado ao río na zona do paseo urbano do Gafos á beira de Ponte Boleira e, unha vez que comprobaron o ocorrido, desde Vaipolorío alertaron ás autoridades.