Luns "de estrés" no Porto de Marín con 50.000 toneladas de descarga
Por Redacción
Despois da Semana Santa, a actividade dinamizouse no Porto de Marín durante este luns 17 coa descarga de preto de 50.000 toneladas de mercadoría procedente de sete buques mercantes que se atopan amarrados nas instalacións portuarias da vila.
Coinciden no porto o Evangelina Petrakis de 225 metros de eslora e case 15 metros de calado que está a descargar no Peirao Oeste máis de 25.000 toneladas de fariña de soia. Tamén se atopa un granelero con orixe en Hamburgo e atracado no Peirao Leirós.
Ademais, están a acometerse dúas operacións de carga de eólicos e de carga e descarga de colectores nos peiraos Adolfo Reboredo mentres outros dous barcos descargan produtos siderúrxicos e o Fluvius Teign, atracado para cargar pasta de papel na All Wheather Terminal.
A toda esta actividade únese, segundo a Autoridade Portuaria, o tránsito de camións que cargan froita recibida nun portacontedores transoceánico durante a fin de semana e que se dirixen a diferentes cidades da península. Tamén durante esta xornada dous trens parten do porto cargados con cereais e outro con bobinas de chapa de aceiro.
Relacionadas:
-
Empresas italianas amosan o seu interese no porto de Marín
Por Redacción |
-
Crece nun 13,6% os tráficos no porto de Marín durante o primeiro trimestre de 2017
Por Redacción |
-
6.000 toneladas de xeradores eólicos viaxan en 4 buques desde Marín ata Estados Unidos
Por Redacción |
-
Operativo histórico no Porto de Marín: doce buques en tres días
Por Redacción |