Empresas italianas amosan o seu interese no porto de Marín
Por Redacción
Varias compañías italianas puxeron os seus ollos no porto de Marín, instalacións que queren utilizar para os seus negocios de importación e exportación. Así llo trasladou o embaixador de Italia en España, Stefano Sannino, ao presidente da Autoridade Portuaria, José Benito Suárez Costa.
Ambos, acompañados do cónsul honorario de Italia en Galicia, Francesco Milani, mantiveron unha reunión de traballo nas instalacións do porto de Marín.
A visita enmárcase dentro da xira que fai Stefano Sannino por Galicia con motivo do Día de Europa, debido ao interese suscitado polo porto de Marín entre empresas italianas.
O embaixador e o cónsul de Italia coñeceron de man do presidente Suárez Costa os servizos e vantaxes que ofrece o porto de Marín para os diferentes tráficos, co obxectivo de que o diplomático italiano poida trasladar esta información a potenciais clientes deste porto.
Marín é actualmente porto de saída e chegada de diferentes mercadorías con destino ou orixe en varios portos italianos. Entre as máis importantes atópanse as exportacións de pasta de papel da fábrica de Ence ao país alpino.
Relacionadas:
-
O porto e o campus de Pontevedra exploran vías de colaboración
Por Redacción |
-
O porto de Marín busca afianzar relacións con Costa Rica
Por Redacción |
-
Crece nun 13,6% os tráficos no porto de Marín durante o primeiro trimestre de 2017
Por Redacción |
-
Luns "de estrés" no Porto de Marín con 50.000 toneladas de descarga
Por Redacción |
-
6.000 toneladas de xeradores eólicos viaxan en 4 buques desde Marín ata Estados Unidos
Por Redacción |