Os veciños reciben os primeiros froitos dos composteiros de Caldas
Por Redacción
A veciñanza de Caldas recibiu este mércores os primeiros resultados do Plan Revitaliza. A Deputación entregoulles un lote de compost producido nos centros de compostaxe comunitaria instalados na rúa Padres Pasionistas e na zona da Tafona e, de paso, os técnicos aproveitaron o compost para fertilizar un xardín público.
O vicepresidente provincial, César Mosquera, presenciou a entrega e subliñou a implicación da veciñanza no proxecto e a súa aposta por aplicar un novo sistema de xestión de lixo máis económico e ecolóxico. Ademais, instou ao Concello de Caldas a seguir adiante aplicando a compostaxe como un "sistema de tratamento de lixo universal".
As dúas mestras composteiras da Deputación que traballan en Caldas indicaron que no centro de compostaxe de Padres Pasionistas xa se trataron arredor de 33.000 litros de biorresiduos (restos orgánicos domésticos e céspede) e no composteiro de A Tafona a cifra foi similar, de modo que, en total, suman uns 67.000 litros que supoñen unhas 45 toneladas de lixo que se deixou de enviar a Sogama.
O compost producido aínda non fora repartido entre os veciños, senón que se destinara ás hortas urbanas do CEIP Alfonso VII e do IES Aquis Celenis, onde os escolares traballan en xardíns nos que teñen plantadas patacas, cebolas, allos, chícharos, fabas, remolachas, cenorias, leitugas, pementos e herbas aromáticas que despois levan para as súas casas.
Relacionadas:
-
De visita escolar a… un composteiro
Por Redacción |
-
Un total de 164 persoas aspiran a traballar como funcionarias no plan provincial de compostaxe
Por Redacción |
-
A segunda promoción de mestres composteiros inicia a súa formación
Por Redacción |
-
Arranca un novo curso da "Facultade da Compostaxe"
Por Oskar Viéitez |
-
Os rapaces na escola andan a voltas coa compostaxe
Por Redacción |