Un total de 164 persoas aspiran a traballar como funcionarias no plan provincial de compostaxe
Por Redacción
Un total de 164 persoas aspiran a conseguir unha das prazas de funcionariado ofertadas para o plan provincial de compostaxe, o coñecido como Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra. A institución provincial pechou este martes a listaxe de persoas admitidas para participar no proceso de selección de persoal interino e valora que o elevada número de asipirantes demostra o 'tirón' da convocatoria e o interese sobre este novo sistema de tratamento e xestión do lixo.
Segundo a información facilita pola Deputación, os postos máis disputados son os de mestres composteiros, con 86 aspirantes para 12 prazas. Para as prazas de técnicos de xestión de residuos municipais e tratamento de biorresiduos hai 67 candidatos para seis postos e para cubrir o persoal técnico de xestión económico-administrativa admitíronse 11 candidatos para dúas prazas.
En total ofertáronse 20 prazas de persoal interino por programa. Unha vez publicada a listaxe provisional de admitidos, ábrese un prazo de cinco días para subsanar eivas na documentación presentada.
Posteriormente publicarase a resolución definitiva de admitidos, nomearanse os membros do tribunal cualificador e procederase á selección das datas de exames que, con toda probabilidade, se iniciarán a primeiros do mes de maio coa finalidade de que os novos funcionarios estean incorporados no mes de xuño.
Máis información sobre as listas de admitidos de cada proceso selectivo nesta ligazón.
Relacionadas:
-
Entre os funcionarios da Deputación xa hai mestres composteiros
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
De visita escolar a… un composteiro
Por Redacción |
-
O campus bate récords de produción de compost en menos tempo e máis calidade
Por Oskar Viéitez |
-
De maior quero ser… mestre composteiro!
Por Redacción |
-
Os veciños reciben os primeiros froitos dos composteiros de Caldas
Por Redacción |
-
A segunda promoción de mestres composteiros inicia a súa formación
Por Redacción |
-
Se queres optar ás oposicións á Deputación, segue lendo
Por Redacción |