Marín pide colaboración para localizar o responsable de encher de alcatrán a fonte de Méndez Núñez
Por Redacción
Operarios municipais traballan na reparación da fonte situada na praza de Méndez Núñez, en Marín, despois de que aparecese chea de alcatrán.
Tras proceder ao seu baleirado e limpeza a intención é poñela de novo en funcionamento canto antes.
O presunto acto vandálico na fonte únese aos danos ocasionados na mesma zona no céspede sintético e o caucho que fora recentemente colocado no parque infantil.
Esta situación xerou precupación no Concello, que solicitou a colaboración dos veciños para tentar localizar ao responsable, trasladando calquera información respecto diso á Policía Local.