A posta a punto do parque infantil de Marín concluirá antes da Semana Santa
Por Redacción
A mellora do chan do parque infantil de Marín xa se iniciou, tal e como estaba programada.
A actuación da empresa encargada da súa realización vai a bo ritmo, sempre co obxectivo posto en poder gozalo de novo canto antes, e tratando de que para as vacacións de Semana Santa estea absolutamente finalizado.
Este parque é o máis céntrico, o máis grande e de máis capacidade, polo que o uso ao que foi sometido é moito, continuo e por un número moi importante de nenos que acoden durante case todo o ano.
A mellora consistirá no cambio de todo o caucho do chan, así como a posta a piques de todos os elementos de xogo mediante a reposición de pezas, arranxo de xogos rotos, tratando de que volva presentar un bo aspecto.
O investimento realizado na posta a piques dos parques é importante e despois desta actuación seguiranse mellorando outros espazos moi frecuentados polos nenos, tratando sempre de mellorar e de protexer o seu estado para que estean sempre coidados e non se xeren deterioracións innecesarias.
Os concelleiros de medio ambiente e deportes estiveron a supervisar estes traballos que avanzan a bo ritmo, axudados polo bo tempo que permite traballar en boas condicións.
MELLORAS NA RÚA FONTE DO LESTE
Ademais, estanse executando varios traballos de mellora na rúa Fonte do Leste. Nun primeiro momento a limpeza e chorreo destas rúas, levou que queda pendente unhas melloras en canto aos labores de conservación e mantemento das lastras de formigón que están en toda esta contorna.
Nalgunhas zonas o cemento das xuntas foi desmoronándose e requiría dunha actuación máis importante para o que se contratou a unha empresa que puidese realizar este labor.
É unha actuación moi demandada que pretende consolidar unha zona das máis antigas, cun barrio que trata de mellorarse incorporando as medidas de seguridade, coa instalación de varias varandas e tendo a contorna limpa e arranxada.