Ponte Caldelas inicia un curso de tapas para desempregados
Por Redacción
O 10 de abril iniciarase un curso matinal en Ponte Caldelas cunha duración de 30 horas para formarse en elaboración de tapas, petiscos e canapés. Os interesados terán que contar con cartón de desempregados e volante de empadroamento no municipio.
As clases impartiranse no local da Fundación para a Orientación, Investigación, Desenvolvemento Tecnolóxico, Emprego e Formación de Galicia (Forga) no polígono da Reigosa.
Trátase dunha oferta completamente gratuíta e os interesados deberán inscribirse nas oficinas do Concello co prazo límite do 5 de abril.
O goberno local sinala que con esta proposta aténdese á petición de varios veciños, que buscan formarse nun campo como o relacionado coa hostalería, que cada vez ten máis proxección profesional.