Suspenden o xuízo polo asalto a un matrimonio de Vilanova ao non comparecer o avogado do acusado
Por Oskar Viéitez
Estaba todo preparado na Sección Cuarta da Audiencia de Pontevedra para a celebración do xuízo por un roubo con violencia e tres delitos de detención ilegal, agravados polo uso de disfrace, pero finalmente non se puido iniciar a vista ao non comparecer o avogado da defensa.
Si estaba o seu cliente que foi trasladado ata o Pazo de Xustiza de Pontevedra pola Policía Nacional. Este home, W.F.L. está acusado de entrar, xunto con outras tres persoas que non foron identificadas, a roubar na casa dun matrimonio de Vilanova de Arousa, onde maniataron a varias persoas para lograr o seu obxectivo.
O ministerio público pide unha condena de 16 anos e oito meses de prisión, e que indemnice aos prexudicados, a familia de Jacinto Vidal, un coñecido construtor de Vilagarcía.
O xuízo foi sinalado para o próximo 30 de marzo.