Mourente disfuta dunha boa xornada de caldo
Por Diego Espiño
Prezos populares e tempo fresco pero cunha tregua na chuvia, protagonista do fin de semana, unha mestura perfecta para degustar un bo caldo.
Polo menos é o que pensaron os centos de pontevedreses que gozaron da XXII edición da Festa do Caldo de Mourente, organizada pola Asociación de Veciños O Castro.
Como cada ano homenaxeouse a varios veciños pola súa colaboración coa Festa. Nesta ocasión foron Dolores Otero Seoane e Manuel Suárez Acuña.