En Marea solicita a Fomento que arranxe a tubaxe na N-640 ao seu paso por Cuntis
Por Redacción
A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, presentou no Congreso unha iniciativa parlamentar dirixida ao Ministerio de Fomento para solicitarlle que emprenda canto antes as demandadas actuacións de mellora da tubaxe que vai por debaixo da N-640 para unha axeitada drenaxe da auga do río Calvos, afluente do río Gallo, cando se producen enchentas.
Así, traslada a Fomento o problema que se vive en Cuntis coas inundacións do río Gallo en periodos de choivas. "As causas son varias e dependen da actuación de diversas administracións, tanto da Xunta como do Ministerio e do concello, que deben aportar as medidas precisas para dar solución a un problema que produce unha grande preocupación entre a veciñanza".
Lembra especialmente Alexandra Fernández as enchentas do pasado ano 2016 que "deixaron un balanzo de importantes danos". E pón de manifesto as reivindicacións da veciñanza que leva anos pedindo solucións para evitar os destrozos das enchentas do río Gallo.
Demanda a deputada de En Marea que o ministerio cambie a tubaxe no quilómetro 217 da N-640. "Trátase de que por fin todas as administracións implicadas arranxen a súa parte e se poida minimizar o impacto das inundacións". Razón pola que empraza a Fomento a solucionar xa esta deficiencia que non implica grandes obras e aliviará a situación.
Relacionadas:
-
Reclaman á Unión Europea que Cuntis sexa incluída no mapa galego de áreas con risco de inundación
Por Redacción |
-
Augas de Galicia acondiciona as marxes do río Agra, en Portas
Por Redacción |
-
As rúas de Cuntis melloran a súa imaxe para a Festa do Lacón
Por Redacción |
-
Cuntis urxe a limpeza do río Gallo para evitar males maiores
Por Oskar Viéitez |
-
VÍDEO.- O río Gallo desborda en Cuntis e o asfalto abre en Sanxenxo
Por Redacción |