A Policía caza 'in fraganti' dous mozos roubando unha caixa rexistradora
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Axentes da Policía Nacional detiveron dous mozos, ambos de 20 anos de idade, con domicilio en Pontevedra, os dous con antecedentes policiais, como presuntos autores dun delito de roubo con forza nun establecemento da cidade.
Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría provincial de Pontevedra, os feitos sucederon na madrugada do día 8 de febreiro sobre as 02.30 horas, cando axentes que se atopaban patrullando en prevención da seguridade cidadá observaron dous individuos en actitude sospeitosa diante de varios establecementos comerciais.
Os axentes policiais baixaron do vehículo para tratar de observalos máis de preto e ao chegar á altura dun establecemento próximo á Praza de Barcelos sorprenderon os dous individuos saíndo da tenda portando nas súas mans un deles o caixón da caixa rexistradora.
Tras ser interceptados os axentes detivéronos polo roubo con forza na tenda que presentaba o enreixado exterior e a porta de entrada forzadas.
Os axentes detivéronos por un delito de roubo con forza e trasladáronos a dependencias policiais onde tras prestar declaración foron postos a disposición da autoridade xudicial.
Os axentes recuperaron os 52 euros da caixa e entregáronllos ao propietario do establecemento.