Unha 'pandilla' de mozos, o pesadelo de bares e comercios do centro de Pontevedra
Por Natalia Puga
Hai meses xa que os responsables de bares, comercios e todo tipo de negocios do centro de Pontevedra viven con temor a que se atoparán cando cheguen aos seus establecementos ou a recibir unha chamada da central de alarmas ou da Policía indicándolles que acaban de ser vítima dun roubo.
A sensación estendeuse por mor da proliferación de roubos con forza en locais aos que os ladróns acceden tras fracturar portas e escaparates e mantén en alerta tanto aos propietarios como á Policía Nacional.
Moitos deses roubos seguen en fase de investigación, pero algúns xa se esclareceron, derivaron en detencións e permitiron aos investigadores chegar á conclusión de que boa parte dos feitos foron obra do mesmo ou os mesmos autores. Os sospeitosos son, segundo transcendeu, mozos que forman parte dunha mesma 'pandilla'.
O 'pesadelo' de hostaleiros e comerciantes son mozos que, nalgúns casos, hai pouco que son maiores de idade. Son, segundo se puido saber, ata dez mozos sospeitosos, pero a metade máis activa que o resto. Algúns deles teñen xa antecedentes policiais de cando eran menores e outros foron detidos xa por algún destes roubos, pero están actualmente en liberdade á espera de xuízo.
Nos dous últimos meses trascenderon aos medios de comunicación unha ducia de roubos ao longo de xaneiro e media ducia no que vai de febreiro, pero para atopar roubos similares pódese remontar a procura xa aos últimos meses do ano 2016, con especial incidencia en novembro e decembro.
Nun bo número de casos, tras entrar ao negocio forzando ou rompendo portas e escaparates, centran o seu interese na caixa rexistradora e ou ben a baleiran e ou se non o conseguen, lévana directamente.
Relacionadas:
-
Dez persoas sentarán no banco pola vaga de 51 roubos en bares e comercios de Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
Prisión para os cinco integrantes dun grupo criminal polos roubos en comercios dos últimos meses
Por Natalia Puga |
-
Detido un mozo polo roubo con forza nun establecemento hostaleiro
Por Oskar Viéitez |
-
Por enésima vez píllanos "in fraganti" roubando e quedan en liberdade
Por Oskar Viéitez |
-
A Policía caza 'in fraganti' dous mozos roubando unha caixa rexistradora
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Tres mozos detidos, por segunda vez, tras ser sorprendidos roubando nun bar da zona vella
Por Oskar Viéitez |
-
Preocupación ante a proliferación de roubos en negocios do centro: investigan un no Bar 5 Calles
Por Natalia Puga |
-
Catro detidos coas 'mans na masa' mentres roubaban de madrugada en San Antoniño
Por Redacción |