O Camiño pola Costa viaxa a FITUR coa voz do músico Teo Cardalda
Por Redacción
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentaba este martes as actividades que vai desenvolver a Deputación de Pontevedra en FITUR, a Feira Internacional de Turismo que se inicia este mércores en Madrid. A presidenta provincial interveu acompañada polos alcaldes de Barro, Caldas e Pontecesures, Xosé Manuel Abraldes, Juan Manuel Rey e Juan Manuel Vidal, ademais de por o deputado de Turismo Santos Héctor e da concelleira de Turismo do concello da capital, Anabel Gulías.
Silva destacou que nesta edición poténciase o Camiño a Santiago de Compostela pola Costa, un camiño que parte da cidade portuguesa de Porto e que chega a Galicia por Baiona e percorre 15 concellos da costa pontevedresa, entre eles, Barro, Pontevedra, Caldas e Portas, esta ruta se oficializó en 2016 e agora quérese potenciar aproveitando a dimensión que ten FITUR. A presidenta provincial afirmou que se potenciarán as posibilidades da cultura, paisaxes, historia e gastronomía desta ruta incidindo, sobre todo, na importancia do mar, do océano atlántico.
Na presentación que se realizará en FITUR mostrarase un caderno de viaxe para os peregrinos, no que poden relatar as súas etapas ata chegar a Santiago. Ademais, avanzou a presidenta, este caderno contará cun elemento sorpresa inédito.
Ao longo da edición da Feira, que se desenvolverá ata o 22 de xaneiro, os técnicos de Turismo Rías Baixas estarán en contacto con operadores de turismo e con representantes da Deputación de Jaen, que desenvolveu unha ruta dos fenicios. Ao mesmo tempo, apoiarase ao Concello de Cambados na súa presentación como Cidade Europea do Viño e promoverase a imaxe de Turismo Rías Baixas coa rotulación dun autobús turístico por Madrid ata finais de xaneiro.
O músico vigués Teo Cardalda exercerá tamén de embaixador do proxecto turístico para o que compuxo a música dos vídeos promocionais e a banda sonora para esta campaña coa canción 'Un lugar en el mundo'.