A Policía investiga se un pontevedrés prendeu lume ao coche da súa ex parella
Por Redacción
A ex parella da propietaria dun dos dous coches calcinados este luns na rúa Germán Adrio está a ser investigada pola Policía Nacional para esclarecer a súa relación con este incendio.
Cando a Policía Local acudiu xunto aos Bombeiros de Pontevedra para atender este suceso, os axentes puideron observar nas inmediacións a unha persoa que presentaba unha actitude nerviosa e sospeitosa, polo que procederon á súa identificación.
Segundo informa o xornalista Carlos García en páxinas de Faro de Vigo, efectivos da Policía Nacional comprobaron que este home tiña unha requisitoria pendente dun xulgado do Penal da capital, polo que procederon á súa detención para a súa posta a disposición xudicial.
Posteriormente comprobaron que esta persoa é tamén o ex mozo da propietaria dun dos coches que ardeu na rúa.
Todas estas circunstancias xunto ás probas que indican que o incendio foi intencionado fan que a Policía Nacional estea a investigar agora se esta persoa identificada no lugar dos feitos ten algunha relación co lume que esnaquizou estes dous vehículos.
Relacionadas:
-
Arde un coche na rúa Germán Adrio
Por Redacción | Creada e actualizada