Arde un coche na rúa Germán Adrio
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Unha dotación dos Bombeiros de Pontevedra tivo que acudir ao incendio dun coche na rúa Germán Adrio.
O suceso tivo lugar ás 6:15 horas deste luns.
As chamas iniciáronse no motor dun vehículo alcanzando ao turismo que se atopaba estacionado ao seu lado. Non houbo danos persoais.
Curiosamente este pasado domingo outro coche que circulaba ao redor das dúas e media da mañá pola zona da Caeira, en Poio, rexistrou un incendio no seu motor.
No caso do incendio da Caeira a orixe do lume parece ser fortuíta, segundo informou Protección Civil do Poio, que atendeu o suceso. No outro caso, a Policía está a investigar as causas do acontecido na rúa Germán Adrio.