Cazan 'in fraganti' a tres mozos roubando nun bar da rúa Sarmiento
Por Redacción
Tres mozos de entre 18 e 27 anos foron detidos nas últimas horas como presuntos autores dun delito de roubo con forza nun bar situado na rúa Sarmiento, en pleno centro histórico de Pontevedra.
Segundo informan desde a comisaría pontevedresa, unha patrulla policial que circulaba pola zona pillou 'in fraganti' aos ladróns.
Dous deles atopábanse, relata a Policía Nacional, en actitude vixiante e o terceiro estaba a golpear a porta do establecemento.
Ao ser descubertos saíron fuxindo á carreira, polo que os axentes apeáronse do vehículo e continuaron a persecución a pé logrando interceptalos na rúa Figueroa.
Os axentes detivéronos por un delito de roubo con forza e trasladáronos a dependencias policiais.
Dous deles teñen xa antecedentes policiais e todos teñen o seu domicilio fixado en Pontevedra.