Preocupación ante a proliferación de roubos en negocios do centro: investigan un no Bar 5 Calles
Por Natalia Puga
Os roubos rexistrados en establecementos comerciais e de hostalería do centro de Pontevedra empezaron a causar preocupación en ambos os dous sectores, cos propietarios de negocios intranquilos ante a opción de que sexan o seguinte branco dos ladróns.
Ademais dos xa publicados nas últimas semanas, PontevedraViva tivo confirmación este martes de dous novos casos: un esta mesma fin de semana no Bar 5 Calles e outro o pasado decembro no bar O Souto, ambos no casco histórico.
Os ladróns xa non fan distinción entre tipos de locais ou rúas e a inquietude está motivada tanto polo bote que levan como polos danos que ocasionan, pois en case todos os casos forzan portas ou fiestras para acceder, obríganlles a cambiar os elementos afectados e déixanos temporalmente desprovistos de seguridade.
O último roubo rexistrouse no Bar 5 Calles -entre as rúas Charino e Isabel II- na madrugada do sábado ao domingo, a mesma na que un ladrón foi sorprendido tras roubar a caixa registradora dunha tenda da rúa Peregrina. Neste novo local de hostelería, os ladróns forzaron a porta de entrada, de madeira e cristal, para acceder e, unha vez no interior, deixaron a zona da barra totalmente revolta.
Os responables do negocio botaron en falta a caixa de caudais, na que non transcendeu ao cantidade de diñeiro que había, e un ordenador portatil.
No bar O Souto da rúa Barón entraron xa o pasado 13 de decembro. Os ladróns accederon polo mesmo método, pero fracturando a fiestra e non a porta, e os propietarios denunciaron que lles faltou a caixa rexistradora, na que había neses momentos unha recadación de 300 euros.
De todos estes casos non é allea a Policía Nacional, que investiga o ocorrido e busca posibles relacións entre os autores de todos os roubos.
Relacionadas:
-
Unha 'pandilla' de mozos, o pesadelo de bares e comercios do centro de Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
Tres mozos detidos, por segunda vez, tras ser sorprendidos roubando nun bar da zona vella
Por Oskar Viéitez |
-
Queda en liberdade un ladrón sorprendido tras roubar 1.000 euros nunha tenda
Por Natalia Puga |
-
Detido un mozo con numerosos antecedentes polo roubo nunha lavandería
Por Redacción |
-
Cazan 'in fraganti' a tres mozos roubando nun bar da rúa Sarmiento
Por Redacción |
-
Detéñeno por 14 roubos, ingresa en prisión e, en canto sae, volve delinquir
Por Redacción |