Cupcakes e doces solidarios na particular operación Quilo de Marín
Por Redacción
O alumnado de cuarto curso de ESO do colexio La Inmaculada de Marín puxo en marcha a súa operación Quilo particular para facer que este Nadal sexa un pouco máis solidario e os colectivos máis desfavorecidos poidan gozar das festas da mellor maneira posible.
O propósito deste proxecto é concienciar ao alumnado do centro de que "no mundo hai moitos nenos que non gozan dunha vida como a que eles teñen", con escolas, hospitais, tempo libre para divertirse, unha casa acolledora ou xoguetes e que moitas familias non teñen nin o básico, que é un prato de comida todos os días.
Dentro do recinto do colexio, farán cupcakes e doces solidarios para os alumnos na semana do 12 ao 16 de decembro, pero as actividades tamén sairán do centro.
Co fin de conseguir alimentos, organizaron diversas actividades, entre as que están unha chocolatada solidaria este luns 5 de decembro entre as 18.00 e as 19.30 horas na Alameda, unha recollida de alimentos en varios supermercados de Marín coa colaboración do Banco de Alimentos o sábado 10 de decembro; ou un torneo de Formas de Boxeo no pavillón do Colexio San Narciso o 18 de decembro ás 11 horas.
Ademais, teñen disponible un mail de contacto para facer una recollida de alimentos a domicilio. A próxima será o 10 de decembro en Marín e as persoas que queiran participar poden solicitar o servizo poñéndose en contacto co grupo en operacion1kilo@gmail.com.