Os comerciantes de Poio, de negro para concienciar contra a violencia machista
Por Redacción
Poio tamén vestirá de negro contra a violencia machista. Máis de 175 establecementos de todo o municipio confirmaron xa a súa participación nesta campaña de acción social, que se organiza con motivo do Día internacional contra a violencia machista.
A campaña, á que Poio sumouse a través do Centro de Información á Muller (CIM) busca crear unha maior implicación social contra esta lacra, convertendo os escaparates do municipio en valos publicitarios.
Así, creáronse uns identificados, camisetas e rótulos co lema "espazo libre de violencia machista" para conseguir a unidade de todo o sector comercial, empresarial, deportivo e asociativo do concello.
Os establecementos de Poio levarán a camiseta "Poio en negro" e colocarán nos seus escaparates un cartel co lema "Espazo libre de violencia machista".
Ademais, as asociacións, as escolas deportivas do concello, as mariscadoras, os centros de saúde e os locais sociais do Concello, as redes sociais e perfís na Internet do municipio, Protección Civil ou a Aula Cemit tamén se sumarán a esta campaña.
Todos eles poñerán como foto de portada o banner "En negro contra a violencia", incluíndo o propio web, que xa na súa páxina de inicio ofrece esta información.
Desde o goberno municipal entenden que a violencia machista "é cousa de todos", polo que animan a toda a veciñanza a que participen na campaña, que se desenvolverá ata o 28 de novembro.