De loito contra a violencia machista
Por Oskar Viéitez
Pontevedra e outros 16 municipios galegos sumáronse á campaña En negro contra a violencia, que vestirá de loito á cidade en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia.
A campaña pretende unha resposta unánime de toda a sociedade poñendo de manifesto o rexeitamento de todas as formas de violencia contra as mulleres. Para iso buscouse a implicación do sector do comercio animando a que do 18 ao 28 de novembro, vistan as tendas, comercios, empresas, bares, postos do mercado, de negro.
Xa poden ser os traballadores, os maniquís, ou os escaparates. Para iso repartíronse camisetas e cartelería para unificar a mensaxe sumando esforzos e traballando todos na mesma liña nun tema tan importante como é a loita contra as violencias machistas e a igualdade deixando á marxe as cores políticas de cada un, destacou en rolda de prensa a concelleira de benestar do concello de Pontevedra, Carmen Fouces.
Vestidos de negro o próximo 25 de novembro escolares de dez centros pontevedreses formarán unha gran cadea humana que partirá da praza da Peregrina. Haberá unha segunda cadea humana no municipio, na que participarán a presidenta da Deputación, Carmela Silva e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, será en Ponte Sampaio, lugar onde foi asasinada Conchi Reguera.
Ata agora son 1.953 os establecementos que se adheriron a esta campaña, entre eles o grupo Inditex que participará activamente nela.
O material que se utilizará esta campaña servirá para expresar a condena da sociedade noutras ocasións.
Relacionadas:
-
Apoia a sociedade ás vítimas de acoso ou culpabilízaas?
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Os comerciantes de Poio, de negro para concienciar contra a violencia machista
Por Redacción |
-
O comercio pontevedrés comprométese coa campaña contra as violencias machistas
Por Oskar Viéitez |
-
Se es muller... como foi o teu primeiro acoso?
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra e Poio vestirán de negro contra a violencia machista
Por Redacción |