Cubela anuncia a ampliación da Casa do Pobo de Augasantas para 2017
Por Redacción
O presidente do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, anunciou a ampliación e modernización da Casa do Pobo de Augasantas para o vindeiro ano no marco do Plan de Centros Veciñais 2019, co que se pretende mellorar todos os locais das parroquias na presente lexislatura, da que aínda restan 30 meses.
Cubela, que mantivo un contacto coa veciñanza de Augasantas por mor do seu tradicional e concorrido magosto, explicou que a intención do goberno local, no marco do cronograma definido no mencionado plan, pasa por comezar a definir o proxecto da súa Casa do Pobo collendo o testemuño de Borela e Rebordelo.
Esta actuación contará cun investimento aproximado de 40.000 euros.
A decisión do executivo local é dotar de consignación orzamentaria a este proxecto para 2017 ben de xeito directo e con fondos propios ben a través dos plans de obras e subvencións que se asinan con outras administración públicas.
Nestas datas, nas que se vai comezar a elaborar o orzamento municipal, o primeiro conxunto tras a fusión entre Cotobade e Cerdedo, definirase o financiamento e os prazos, pero a intención é que a mellora e ampliación quede rematada no vindeiro exercicio.
Relacionadas:
-
Cerdedo-Cotobade pecha un acordo co Goberno para mercar a Casa do Pobo de Corredoira
Por Redacción |
-
Cubela pecha cos veciños de Almofrei a rehabilitación integral da Casa do Pobo
Por Redacción |
-
Cotobade chega a un principio de acordo co Estado para comprar a Casa do Pobo de Corredoira
Por Redacción |
-
Cubela compromete a reforma da Casa do Emigrante para o 2016
Por Redacción |