O Concello abonará as expropiacións do Revel o día 15
Por Redacción
Os propietarios das parcelas expropiadas para a construción do futuro colexio do Revel, en Vilalonga, están a recibir a partir deste xoves a notificación do Concello que lles cita para o vindeiro martes, 15 de novembro, ás 9.30 horas no Salón de Plenos, onde percibirán a parte fixada polo Tribunal de Expropiación para as súas parcelas.
Os propietarios deberán achegar exclusivamente o seu Documento Nacional de Identidade para recoller o documento bancario coa cantidade correspondente a cada un deles.
O Concello destina a este fin un total de 126.000 euros, que foron consignados no orzamento municipal para este exercicio 2016 en previsión de que o Tribunal de Expropiación do Revel recoñecese a reclamación cursada no seu momento polos propietarios. E é que os grupos que hoxe conforman o goberno local advertiron xa no seu momento que as valoracións aprobadas polo anterior executivo eran excesivamente baixas, o que derivaría nun recoñecemento de incremento destas cantidades.
Desde o goberno local apuntan que este pago pode realizarse despois de que ter provisionado unha partida específica para este tema nun orzamento que foi aprobado sen o apoio do Partido Popular nin do concelleiro non adscrito. Resolver esta cuestión, entre outras consideradas urxentes, foi o que levou ao goberno local a aprobar o orzamento para 2016 en comisión de goberno, xa que non sería posible facer fronte a este pago en caso de optar por unha nova prórroga do orzamento.
A aprobación do documento económico ha permitido tamén dispoñer de partida para o rexistro de cada unha das parcelas a nome do Concello, que é o seguinte paso a dar, para a posteriormente inscribir no Rexistro da Propiedade de Cambados a agrupación de toda a superficie nunha única leira.
Antes de poñer os terreos a disposición da Xunta, será necesaria tamén a aprobación definitiva do Proxecto de Urbanización do ámbito do Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións da zona E69B do PXOM de Sanxenxo, outro trámite que en breve será afrontado coa aprobación definitivamente en Xunta de Goberno.
Relacionadas:
-
O novo centro educativo de O Revel, protagonista da reunión entre Cores Tourís e Gonzalo Pita
Por |
-
Por que cre o goberno local de Sanxenxo que o PP antepón os seus intereses partidistas aos dos veciños?
Por Redacción |
-
Os afectados do Revel cobran as cantidades fixadas polo tribunal de expropiación
Por Redacción |
-
Sanxenxo poñerá a disposición da Xunta os terreos do Revel en outubro
Por Redacción |
-
Inician o proceso para poñer a disposición da Xunta os terreos para o colexio do Revel
Por Redacción |
-
Axilizar a construción do colexio do Revel, prioridade para o goberno local
Por Redacción |