Sanxenxo poñerá a disposición da Xunta os terreos do Revel en outubro
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo poñerá os terreos para a construción do futuro colexio do Revel a disposición da Consellería de Educación ao longo do próximo mes de outubro.
O alcalde e a edil de Educación solicitarán unha reunión co conselleiro desta área tras a constitución do novo goberno da Xunta, resultante das eleccións deste domingo, para solicitarlle a inclusión no orzamento autonómico para 2017 dunha partida para as novas instalacións educativas.
O goberno local conclúe así, en pouco máis dun ano, unha situación enquistada durante unha década e "que o Partido Popular foi incapaz de endereitar".
E faino validando o convenio do Polígono de Execución Integral número (PEI) 12 e aforrando aos veciños de Sanxenxo o desembolso duns 600.000 euros, que sería necesario devolver á Xunta de Compensación se se anulase o mencionado convenio.
E é que a corporación municipal acordará na sesión ordinaria do luns continuar co expediente expropiatorio suspendido provisionalmente o pasado mes de febreiro sobre as leiras Ameal e Barreiro, das que un 19,2423% non é de titularidade municipal ao negarse o seu propietario para asinar a escritura pública de cesión.
Relacionadas:
-
O xulgado valida o convenio urbanístico do Revel
Por Redacción |
-
O novo centro educativo de O Revel, protagonista da reunión entre Cores Tourís e Gonzalo Pita
Por |
-
Por que cre o goberno local de Sanxenxo que o PP antepón os seus intereses partidistas aos dos veciños?
Por Redacción |
-
En Marea esixe á Xunta construír en 2017 o colexio do Revel
Por Redacción |
-
O Concello abonará as expropiacións do Revel o día 15
Por Redacción |
-
Telmo Martín critica a "ineficacia" do goberno local de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Inician o proceso para poñer a disposición da Xunta os terreos para o colexio do Revel
Por Redacción |
-
Axilizar a construción do colexio do Revel, prioridade para o goberno local
Por Redacción |