Preto de 100 persoas continúan na busca do home desaparecido en Viascón
Por Anxo Lourido
Efectivos de Protección Civil e da Garda Civil están a incidir durante as últimas horas na procura polas marxes da Nacional 541 en dirección a Ourense para tentar localizar a Manuel Calvo, o veciño de Cerdedo-Cotobade de 84 anos desaparecido desde a noite do pasado xoves. A procura, ata o momento, está a resultar infrutuosa segundo sinalou a concelleira María Pichel, a pesar de todos os esforzos que se están realizando.
Segundo a representante municipal están a seguirse varias liñas de busca, coordinadas pola Garda Civil, con efectivos peiteando o monte e outros grupos recorrendo a contorna da vila. Tanto Protección Civil como veciños que se organizaron en grupos están a buscar en zonas de casas abandonadas e de ruínas, xa que os familiares sosteñen que é posible que se extraviou na contorna de Viascón.
Ata o momento xa realizaron a procura chegando ata Forcarei, onde Manuel ten familia, e buscando por outros concellos como Campo Lameiro ou nas parroquias Pontevedresas de Bora e Xeve. Tamén, as patrullas de procura, empregando cans, tentaron localizar a Manuel Calvo nas marxes do río Lérez sen éxito.
Tamén se volveron a revisar os vídeos da metalúrxica Rías Baixas por se había posibilidades de atopar algunha pista sobre o seu paradoiro e se había algún indicio de que atravesar a Nacional 541 para subir cara ao monte.
Durante a xornada deste luns, ao redor de 100 persoas continúan tentando localizar ao octoxenario que, no momento da súa desaparición vestía pantalón gris e xersei azul con mangas brancas. Ademais, levaba unha visera.
Relacionadas:
-
Localizan nunha zona de difícil acceso o cadáver do ancián de Cotobade desaparecido desde o xoves
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Amplían aos municipios limítrofes o radio de busca do octoxenario desaparecido en Cotobade
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Máis de 50 persoas buscan a un octoxenario desaparecido en Cotobade
Por Natalia Puga |