Planean os donos de Elnosa pechar a fábrica de Lourizán e trasladar a súa produción a Torrelavega?
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Esta mesma semana a dirección da fábrica de cloro de Solvay, na localidade cántabra de Torrelavega informaba os seus traballadores que acababa de pechar un principio de acordo para vender a fábrica á multinacional portuguesa CUF, que é a dona de Elnosa.
Os traballadores cántabros valoraron esta compra como unha "boa noticia", xa que de non producirse a venda, a planta estaba abocada ao peche. A multinacional portuguesa preve realizar alí un investimento de 40 millóns de euros para substituír a tecnoloxía de células de mercurio actualmente en funcionamento, e prohibida pola Unión Europea a partir de decembro de 2017.
Pero que repercusións terá esta operación na cloreira da ría de Pontevedra? O persoal da fábrica de Lourizán convocou unha asemblea para analizar esta manobra da multinacional CUF e o luns darán unha rolda de prensa no local de Comisións Obreiras.
A decisión coñécese pouco despois de que a Xunta ampliase ata decembro de 2017 a autorización ambiental de Elnosa, contra a que se concentrou este venres a Asociación pola Defensa da Ría ante a sede provincial do Partido Popular na avenida Raíña Vitoria.
Para o colectivo ecoloxista a electroquímica debe cesar a súa actividade canto antes.
Relacionadas:
-
Elnosa, máis aló de 2017? A Xunta autorizará a súa continuidade se deixa de usar mercurio
Por Alejandro Espiño |
-
Tranquilidade en Elnosa ante a compra dunha fábrica de cloro en Torrelavega polo Grupo CUF
Por Anxo Lourido |
-
En Marea pregunta ao Goberno pola prórroga da autorización ambiental a Elnosa
Por Redacción |
-
A APDR convoca unha concentración fronte a sede provincial do PP pola prórroga a Elnosa
Por Redacción |
-
A Xunta prorroga un ano a autorización ambiental de Elnosa "pasando" do Concello
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |