O fiscal solicita unha pena de 24 anos de prisión para 'O Mulo' polo alixo de cocaína do Coral I
Por Diego Espiño
Rafael Bugallo Piñeiro, 'O Mulo', foi a principal figura do narcotráfico apresada en xaneiro de 2015 polo intento de introducir 1,2 toneladas de cocaína en Galicia a bordo do pesqueiro Coral I.
O fiscal sitúa o histórico e veterano narco do Salnés como o xefe da rede, e por iso solicita para el 24 anos de cárcere e multas que suman 425 millóns por tres delitos. Un contra a saúde pública, outro por ser o encargado de coordinar e dirixir a rede criminal e o terceiro por tenencia ilícita de armas, co agravante da reicidencia.
Segundo o ministerio público O Mulo pretendía introducir a droga en Galicia a través dunha planadora que alcanzaría en alta mar ao barco pesqueiro, de bandeira venezolana.
Pero non é o único acusado que sentará no banco, xa que na operación coordinada polo Grupo de Resposta Especial para o Crime Organizado (GRECO) de Galicia en colaboración co Servizo de Vixilancia Aduaneira (SVA) foron detidas 18 persoas.
Para os 'compinches' de O Mulo, tres cidadáns de nacionalidade colombiana establecidos en Vilagarcía que eran supostas ligazóns co cártel suramericano e os tripulantes do pesqueiro, Fiscalía pide 19 anos e medio de prisión e unha sanción económica similar por delitos contra a saúde pública e integración en organización criminal. O único que non será xulgado, por falecer, é Jorge Iván Salazar, sinalado como representante da trama colombiana en Madrid.
En total as penas solicitadas no macroxuízo ascenden a 336 anos e máis de 7.000 millóns de euros en multas.
O escrito de acusación describe ademais os contactos entre os cidadáns colombianos e a rede galega a finais de decembro de 2014 para coordinar a operación, na que O Mulo e os seus homes estarían encargados transportar ata a costa as 1,2 tonaleda de cocaína, para o que contaban con "complexas" medidas para tentar evitar o control policial.
Relacionadas:
-
A rede do Mulo enfróntase a 80 anos de prisión polo alixo da Lanzada, só un terzo do que pedían antes do xuízo
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Así foi a espectacular abordaxe do Coral I, o barco con 1.500 quilos de cocaína destinados a O Salnés
Por Redacción |
-
Ingresan en prisión oito dos detidos na última operación contra o narcotráfico en Cambados
Por Redacción |
-
Golpe ao narcotráfico no Salnés: unha quincena de detidos e 1.500 quilos de cocaína incautados
Por Redacción |